Formada en ritmos afrocubanos tales como a salsa, a rumba cubana, a bachata ou a kizomba.
Por outra banda tamén se formou en diversas disciplinas como o Pilates e diferentes estilos de danza.
Leva máis de 10 anos impartindo clases, foi coreógrafa da compañía amateur Güiro y Bongó e actualmente desenrola o seu traballo no novo estudio Sondanza.

Directora de Sondanza.

Ritmos afrolatinos, pilates, dancefit

RAQUEL POMBAR

Ela e Toni forman esta pequena cooperativa de acro centrada en difundir e promocionar a práctica do acroioga dende unha perspectiva aberta e accesible a todos os públicos.
Toni está formado por escolas
internacionais de acro e ten traballado en lugares como Singapur, Bangkok ou Bali tras varios anos de formación en Asia.

Elaine é  de Brasil pero galega de corazón e profe certificada de ioga. Está a cargo
de acroiogacompostela que leva dous anos iniciando a moita xente na práctica do acro a través de clases regulares en Santiago e de talleres por toda a xeografía galega.

Acroioga

DRAGONFLY ACRO

Facendo honra ao seu nome, é o máis xoven do profesorado, pero a súa experiencia en competicions fai del unha auténtica máquina á cabeza da clase.

Formado nas mellores escolas de danza tanto en ritmos latinos como salsa ou bachata como en reggaetón chega dende Montevideo (Uruguai) para encher o noso estudio de enerxía e novos coñecementos. 

Reggaetón

BENJAMÍN SILVA

Bailarina, alambrista circense e coreógrafa visual, desenrrola a súa carreria como intérprete e docente entre España e Inglaterra en varias compañías, destacando TrasPediante, ProJecto C-F Dance e Dizzy O’Dare. Actualmente mantén unha liña de traballo noutros lugares como Portugal e Costa Rica, formando parte en proxectos institucionais, artísticos e docentes.

Danza contemporánea

PAULA QUINTAS

Formados en Buenos Aires, esta parella retorna a Galicia con moitas gañas de compartir a cultura arxentina e o seu bo facer. 

Ela foi bailarina na Compañía de Danza “OC Danza” en Bos Aires e está especializada tanto en técnica de parella como men técnica femenina.

El pola súa parte, foi fundador, director e coreógrafo da compañía de Danza Galega GS21, profesor de Danza Galega en varias entidades como Cantigas e Agarimos. e ensina baile tradicional na Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia dende 1996.

Tango e práctica de milonga

ÓSCAR E ANTÍA

Bailarín especializado en danza clásica, participou en diversos espectáculos tanto coa compañía Druida Danza como co Centro Coreográfico Gallego. Ademáis completa a súa formación con pilates, jazz-lírico ou acrobacia entre outras disciplinas. Por outra banda fórmase tamén como músico resaltando a súa faceta de violinista. Actualmente dedicase  á docencia da danza en diversas escolas de danza en Santiago e A Coruña así como nun clube de ximnasia rítmica.

Danza clásica e pilates

PABLO ARADILLAS