Bailes afrolatinos
Clases de baile afrolatinos para adultos: Salsa, bachata, kizomba, rumba cubana, kizomba...

Bachata
Nas clases de bachata traballamos os distintos estilos deste baile, iniciándonos no estilo tradicional da República Dominicana e tamén nas novas técnicas como a Bachata Sensual.

Kizomba
A kizomba é unha danza que naceu entre os anos 70 e os 80 en Angola. Trátase dun baile en parella con movementos especialmente do tren inferior que combina unha alta conexión ca parella xunto cun alto grado de musicalidade.

Ritmos Latinos
Os cursos de ritmos latinos son perfecto para a xente que inicia a súa andaina no mundo do baile social. Combinando clases de merengue, salsa e bachata, o alumando aprende pouco a pouco a traballar en parella e tamén a seguir o ritmo e mellorar o seu estilo de forma individual.

Rumba Cubana
A rumba cubana é un baile afrocubano desenvolvido polos descentendes dos esclavo africanos en Cuba. Cunha forte raíz africana, a Rumba cubana tamén está influenciada pola música española. Existen tres tipos de baile dentro da rumba: o yambú e a columbia, nacidos nas áreas rurais de Matanzas e o guaguancó, da Habana.
Podes aprender a bailar rumba cubana dentro das clases de ritmos latinos, salsa ou en clases particulares ou cursos puntuais.

Salsa
A salsa é un baile afrolatino nacido en Cuba. Podes aprender a bailar salsa nos nosos cursos de ritmos latinos. Recorda que temos de todos os niveis.