Sondanza

fullDatetime-to-read.short-label

BREAKDANCE

O breakdance é un baile que forma parte dos catro elementos primordiais na cultura Hip-Hop (DJ, MC/Rap, graffitti e Break).

Foi creado na década dos 70 por rapaces afroamericanos e latinos no Bronx durante o nacemento do Hip-Hop. Kook Herc, un famoso DJ, percatouse de que a xente bailaba de forma moi enérxica cando nalgún tema sonaba só a parte instrumental sen voz.

Comezou a poñer dúas copias do mesmo vinilo, unha técnica chamada Merry-Go-Round, para ampliar o break dando mais tempo de movemento libre aos bailaíns.

Co tempo foise establecendo este estilo e algúns pasos comúns comezaron a ter un nome, como son:

  • TOPROCK: Cando os bailaríns se moven de pé antes de bailar no chan utilizando pasos coma Walk, Shuffle, Kick e Kick Out.

  • DROPS: transición da posición de pé a bailar no chan.

  • FOOTWORK: os breakers están bailando no chan e apoian as súas mans para realizar movementos cos pés.

  • FREEZERS: os breakers deixan de moverse manténdose nunha postura determinada. Nalgúns se engaden botes ou movementos que acompañan a pose.

  • POWERMOVES: trátase de movementos de rotación con todo o corpo. Por exemplo xiros sobre a cabeza, air flares, molinetes, etc.

  • TRANSICIÓNS: Denominación do paso dun movemento a outro.

  • TRUCOS: movementos profesionais que realizan os bailaríns para darlle o seu toque ás coreografías.

Queres aprender a moverte como xs breakers?

Contacta con nós para mais información!

722 806 494

@sondanza

info@sondanza.es

Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela

    130
    4