Sondanza

fullDatetime-to-read.short-label

Por que deberían bailar os peques?

post.update-date

O baile é algo innato en nós dende que nacemos.

Todas as persoas nos movemos para expresar sentimentos e, cando estos son estructurados e realizados consientemente, podemos chamalo baile.

É unha das formas máis básicas da e comunicación e constitúe unha linguaxe universal.

Cando os peques comezan a formarse se lles instrúe en ámbitos artísticos coma o debuxo ou a música; mais a danza queda un pouco apartada a pesar de contar con varios beneficios para os mais pequenos:

  • No que se refire ao físico: mellora a súa coordinación, o equilibrio, os reflexos e o control espacial. Trabállase moito a concentración e a resistencia física, ademais da elasticidade e o mellor desenvolvemento da musculatura e a columna vertebral (de feito combate a escoliosis leve, moi común nos nenos pola constante carga de mochilas e libros) así coma o pé plano.
     
    Ademais mellora a capacidade cardiovascular e respiratoria, axudando a aqueles que practican o baile a xestionar mellor a enerxía a través da respiración.

  • Con respecto á súa mente: Os nenos expresan as súas emocións a través da danza facendo que sexan conscientes de si mesmos e se conzcan mellor. É inevitable que o noso corpo exprese os nosos sentimentos bailando, incluso se é de forma inconsciente e involuntaria.
     
    Resulta unha liberación de enerxía (que sempre é un punto a favor especialmente nos mais pequenos), reforza a súa creatividade, a imaxinación e a memoria.
     
    Axuda tamén á socialización e integración en todos os peques, o que resulta especialmente beneficioso para xs mais tímidxs; posto que fomenta a espontaneidade, axuda a soltarse fortalecendo a súa confianza e facendo que se sintan parte dun equipo.
     
    Ademais ensina disciplina, un aspecto importante para sentirse motivados á hora de realizar calquer actividade no futuro, dende a súa carreira profesional ata manter unha vida sana.

En Sondanza temos varios grupos de baile para nenas e nenos, dividíndoos por idades:

  • Baile Infantil, Break Dance Infantil e Ballet Infantil de 3 a 5 anos.

  • Baile Moderno, Baile Urbano e Ballet para primaria.

  • Baile urbano para secundaria.

Consulta as nosas actividades e horarios na web de Sondanza: https://www.sondanza.es/

    340
    5