Estudio de danza | Escuela de danza | clases de baile | clases de salsa | Santiago de compostela | clases de baile | danza | baile Santiago de Compostela SONDANZA

Quen somos?

En Sondanza formamos a todo tipo de persoas no mundo da danza. Dende os peques da casa ata persoas maiores, teñan ou non experiencia previa. Somos amantes da danza e queremos que cada día máis xente ame esta arte como facémolo nós. Non necesitamos xente que queira ser profesional, se non persoas que busquen apaixonarse e gozar deixando de lado a inseguridade e a vergoña.

 

Para que calquera persoa poida namorarse da danza coma nós, impartimos clases regulares durante o curso escolar enfocadas por estilo de danza e grupos de idade de forma que cada estudante se sinta nun ambiente cómodo e esforzámonos para que cada quen estea coma na casa. Para iso organizamos eventos especiais relacionados coas nosas actividades, por exemplo, ceas-baile onde practicar co alumnado doutros grupos e do teu propio. Ou festas temáticas en Samaín e no Entroido onde nos unimos aos máis peques con picoteo, xogos e por suposto, moito baile. Tamén, de forma puntual, organizamos outras cousas como cursos con profesores externos ou proxeccións de documentais e películas sobre danza ou charlas teóricas con músicos ou DJ’s. Todo para que o alumnado se  mergulle na danza dunha forma orgánica e cómoda dende todos os puntos de vista.

 

Non queremos que ninguén pense que non pode bailar só por non subirse a un escenario. Queremos que o gocen ao máximo. E neste sentimento é no que nos enfocamos e facémolo dunha forma moi sinxela. Tratando a todos por igual, sen preferencias e con moito agarimo. Sabemos que cada persoa ten unha curva de aprendizaxe diferente e un ritmo propio e a iso é ao que nos adaptamos facilitando ao máximo o seu estudo e melloría. Desta forma cada estudante sentiráse cómodo, sen tensión e iso achega beneficios tales como a integración a nivel social, formar parte dun grupo, a mellora da autoestima e por suposto, todos os beneficios que a música e o exercicio achegan como a redución da ansiedade e a tensión, o aumento do nivel de endorfinas que nos fai sentir máis felices, o retardo do envellecemento cerebral, fortalecemento dos ósos e músculos do corpo e todo iso sen deixar de pasalo bomba.

 

Se ti tamén es unha persoa curiosa e con ganas de apaixoarte, en Sondanza esperámoste coas portas ben abertas para compartilo contigo.

Eu #sondanza, ¿e ti?

Estudio de danza | Escuela de danza | clases de baile | clases de salsa | Santiago de compostela | clases de baile | danza | baile Santiago de Compostela SONDANZA zumba #zumba #zumbafitness #fitness #dance #zumbalove #gym #zumbawear #zin #zumbaespaña #zumbaworldwide #pilates #fit #zumbaclass #zumbaspain #music #zinlife #yoga #training #zumbacommunity #work #spain #studio #motivation #team #salsa #baile #bachata #dance #españa #kizomba #musica #cuba #fiesta #merengue #venezolanosenespaña #reggaeton #party #rumba #danza #mambo #latino #discoteca #bachata #salsa #dance #kizomba #merengue #baile #bachatasensual #latino #españa #reggaeton #music #bailar #baila #sbk #dancers #salsadancing