Os beneficios da danza e as actividades de expresión corporal e coordinación na infancia están sobradamente probados. Aínda así, é moi importante ter en conta que tamén constitúe unha fonte de liberación que axuda a sentirse mellor, ademais de a relacionarse cos demais doutra maneira.
En Sondanza temos estas catro actividades para a xente máis nova da casa:
Baile infantil
Pensado para peques na etapa de educación infantil (3-5 anos), poderán iniciarse no mundo
da danza ao seu propio ritmo, aprendendo a coordinar os movementos ao ritmo da música, ao tempo que traballamos a forza, a coordinación e a relación con outras persoas.
Ballet
Nas nosas clases de ballet traballamos a técnica dende a súa base e imos desenvolvendo as diferentes capacidades en función do crecemento do corpo e habilidades, e enfocándonos sempre no máis importante: desfrutar. A través do movemento consciente, o ballet fomenta a creatividade e mellora a percepción corporal.
Baile Moderno
Traballamos o ritmo e a musicalidade con coreografías baseadas en música actual, propiciando a motivación, a socialización e a consciencia do movemento corporal de maneira entretida. Deixa que os teus peques disfruten ao ritmo dos hits do momento nun ambiente positivo e saudábel. Recorda que ademáis ofertamos esta actividade para todas a idades, dende os 6 ata os 18 anos.
Urbano
As danzas urbanas caracterízanse pola liberdade de expresión e de movemento. Nacidas lonxe das escolas formais, desenvolvéronas bailaríns para si mesmos, explorando novas maneiras de moverse, xerar enerxía e expresar emocións. Desta perspectiva nacen as nosas clases de danzas urbanas para estudantes de idades máis temperás, considerando o baile un medio de expresión e comunicación a través do cal aprendan a canalizar as súas emocións e adquirir unha visión artística individual, empregando para iso coreografías e dinámicas co movemento.
Se a túa filla ou o teu fillo son personas enerxicas, sen dúbida esta é a súa actividade. Deselvolveran o seu estilo e forza interior e poderán seguilo practicando incluso na súa etapa adulta.
Recorda que podes atopar a nosas clases de baile en Santiago de Compostela y que se che interesa, tamén temos clases para adultos. Consulta aquí o noso horario de actividades.
Comments