top of page
Writer's pictureSondanza

A DANZA: a linguaxe universal

Updated: Apr 27, 2022

A danza é unha disciplina que favorece a presencia escénica e prevén lesións á hora de realizar actividade física, axuda ao noso sistema cardiovascular, á socialización e a manterse en forma, ademais de fortalecer o noso corpo e favorecer distintos aspectos coma a coordinación, o equilibrio, a concentración, a autoestima..., e un longo etcétera.


Pero non se limita só aos beneficios que trae consigo: descubriuse que os nenos comezan a bailar aos 10 meses de idade! Incluso antes de CAMIÑAR ou FALAR!


É algo innato en nós e forma parte da nosa cultura dende a prehistoria, xa que os nosos antepasados utilizaban a danza coma unha forma de expresión e conexión, non só entre nós: tamén coa natureza, o noso espíritu e os nosos antepasados.

Existen pinturas rupestres de hai mais de 10.000 anos que representan figuras humanas practicando danzas como rituais.



Hai certos ritmos que non se sabe por que agradan por natureza ao ser humano coma o 4 pasos que coñecen as discográficas e engaden ás cancións para que se queden na nosa cabeza.


Moitos pobos arredor do mundo ven a vida coma unha danza. Todo o que nos rodea! O movemento das nubes, das ondas do mar, os cambios de estación... Temos o exemplo de Siva Nataraj, o Deus hindú da danza, que fai bailar o mundo a través dos ciclos do nacemento, a morte e a reencarnación.


Imos dar un breve paseo pola historia da danza para destacar algúns episodios clave ao longo da nosa evolución...


- No antigo Exipto, as danzas ceremoniais eran moi comúns e presididas polos faraóns, culminando sempre na representación da morte e a reencarnación do deus Osiris. Foi unha práctica tan popular e evolucionou tanto que posteriormente só era practicada polas clases altas.




- Na Grecia antiga, a influencia da danza propiciouse polos filósofos que viaxaran a Exipto para enriquecer os seus coñecementos.

Ás veces, as danzas practicadas nesta épica incluíanse música e mitos representados por actores e bailarines profesionais que chegaron incluso a formar parte da escena social e política da antiga Grecia.



- Na antiga Roma, a danza naceu coma parte das procesións romanas, festivais e

celebracións; mais a aceptación pública da danza decaeu ata o punto de cerrar as escolas de

baile romanas por considerarse unha práctica sospechosa e perigosa.

Sen embargo, baixo o mandato do emperador Augusto

xurdiu a danza chamada "mímica", que consistía na comunicación a través de xestos.




- Na Idade Media houbo moita controversia con respecto á danza. Algúns relixiosos consideraban que era una disciplina lasciva, mais outros incorporaban danzas típicas de diversos pobos nos cultos cristianos.


Un dato curioso é que nesta época xurdiu una danza secreta chamada A DANZA DA MORTE, que representaba a imposibilidade de fuxir da morte independentemente da clase social á que pertencera cada individuo.



A día de hoxe, a danza segue a crecer e evolucionar, cambiando segundo pasan os anos pero formando sempre parte de nós e da nosa historia, ramificándose en distintos ritmos e estilos, combinándose con exercicios, mesturándose entre eles, improvisando coreografías...



Se queres sacar partido a esta actividade que medra con nós, en Sondanza temos distintos estilos e niveis para adaptarnos á túa forma de aprendizaxe e ao teu ritmo favorito: latinos, danza clásica, danza urbana, break dance...


Contacta con nós e inscríbete xa!



722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela














16 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentários


bottom of page