top of page
Writer's pictureSondanza

Da rúa para a rúa: bailes urbanos

Os bailes urbanos, como nos suxire o seu nome, naceron nas rúas das cidades, máis concretamente de cidades dos Estados Unidos, particularmente do Bronx de Nova Iorque e de Los Ángeles a partir da década dos 70. Son formas de expresión corporal creadas en contexto social, de forma improvisada e independente entre as comunidades máis marxinadas (poboación afrodescendente, en moitos casos do colectivo LGBTI), desentendéndose de convencións sociais e alleas ás pautas que vemos noutras danzas. Isto resultou rompedor con respecto do paradigma nese tempo, e permite unha maior creatividade e liberdade na expresión persoal (que se manifestan a través do que coñecemos como groove ou flow, ente outras).


Os bailes urbanos son unha forma de interacción e comunicación entre persoas e grupos a través do movemento, e o que máis importancia cobra é a mensaxe que se transmite e a enerxía coa que se fai, que tamén é parte da comunicación. Estas características fan que a innovación e a creatividade sexan unha constante nestes bailes, inspirándose incluso en actividades do día a día para crear novos pasos. Mostra disto é a grande variedade de estilos, sendo só algúns dos máis coñecidos:

  • hip hop: caracterízase por movementos libres (freestyle), intensos e expresivos;

  • break dance: famoso por incluír xiros e movementos no chan;

  • popping: coñeces o famoso "facer o robot"? pois é un movemento deste estilo, que se caracteriza por incluír ese tipo de bloqueos súbitos no baile;

  • waacking: nace de persoas LGBTI racializadas como forma de protesta, entre as rúas e os locais de ambiente de Los Ángeles dos 70, dando lugar á cultura ball;

  • house dance: ten pasos como o jacking, no que o protagonismo está nos movementos dos pés;

  • e un moi longo etc.

Ademais, a fusión de diferentes estilos acabou por crear no ano 2000 o que se deu en chamar "new style", novas formas de bailar urbano, frente ás formas herdadas dos inicios trinta anos antes, ou "old school".


Coñecías o enorme universo dos bailes urbanos? Se queres saber máis, recomendámosche que veñas probar, para todas as idades:

- a partir do vindeiro xoves 3 de novembro ás 19h na nosa clase de bailes urbanos

- ou que traias á xente máis peque da casa a break dance infantil (a partir de 5 anos), os xoves ás 18h, ou a baile moderno ou urbano de Primaria os martes ou os mércores tamén ás 18h

- e á rapazada que xa non é peque, a baile urbano de Secundaria os mércores ás 19h.


Esperamos por vós! ;)




31 views0 comments

Comments


bottom of page