top of page

GUÍA PARA O BAILE NUPCIAL


Tradicionalmente, o baile nupcial é unha primeira presentación pública da parella como

esposos ante a sociedade. A historia do baile nupcial tal e coma o coñecemos remóntase ao século XVIII, e acadou tal popularidade que chegou a ser algo obrigatorio nas vodas. A práctica é do mais tradicional, nas súas orixes comezaba cun vals elegante e clásico, pero foi cambiando ao longo dos anos.




É un momento único no que a parella abre a festa.

Xa non existe nada estipulado, non hai unha soa forma clásica, formal e correcta de levalo a cabo. Agora existen mil variacións e estilos diferentes moito mais modernos.

Presenta tamén o final do procedemento mais formal, discursos e o resto de costumes mais serias. Sempre é recomendable realizalo cando terminen todo o resto de ideas divertidas como a tarta, o brindis, etcétera.

O éxito do baile nupcial baséase tamén no cómodos que estean os espectadores como para unirse ao baile, ben seguindo á parella nunha danza clásica e sentimental ou a transición dun evento mais formal a unha práctica mais alegre e desinhibida.

Pode chegar a resultar un momento incómodo para moitos, xa que hoxe en día non todo o mundo ten experiencia no baile formal.


En cambio esta é unha gran oportunidade para facer do baile nupcial un momento especial no que os esposos se atopen a gusto mirándose aos ollos mentres bailan.

Non dubidedes en apostar por ideas orixinais coma bailes grupais para as parellas mais tímidas, coma flashmobs compinchando aos invitados mais achegados.


Incluso se poden organizar bailes sorpresa por parte dos invitados para organizar unha coreografía adicada á parella.



Un elemento moi importante a escoller é a música, non só polo estilo que escollemos bailar; senón porque para moitas parellas existe unha canción que representa un momento crucial nas súas vidas. Podedes escoller unha que vos traia bos recordos xuntos: a vosa primeira cita, o día que vos coñecéstedes, a canción que poñedes nas viaxes longas...

hai parellas que incluso optan por distintas opcións ao mesmo tempo facendo repaso dos xéneros musicais mais diversos facendo o seu propio remix de distintos temas.


Por outro lado non é aconsellable que o baile dure mais de 10 minutos.





O outfit é tamén un elemento a ter en conta! Temos que pensar se levar máis dun modelito por se necesitáramos cambiarnos a algo mais cómodo ou mais acorde ao estilo de música que imos bailar... ou se quixeramos facer un baile temático! Pódese cambiar incluso a maquillaxe, zapatos, peinado... todo o que precisedes! O protocolo está para saltalo, especialmente nun día tan especial!


Se queres que vos asesoremos e traballemos con vós en convertir o voso baile nupcial nun recordo marabilloso, contactade con nós!

Crearemos unha coreografía exclusiva coas clases particulares pertinentes.


722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela



23 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page