top of page
Writer's pictureSondanza

Guía para principiantes.

Comezar nas clases de baile pode ser un pouco intimidante, sobre todo se é a túa primeira vez nunha escola de baile. É normal sentir nervios, pero lembra que todos pasamos por esa primeira clase! O máis importante é ir coa mente aberta e disposta a aprender. Non te preocupes se non te saen os pasos ao principio; a práctica é a clave. Lembra que a perfección non é o obxectivo, senón divertirse e sentir o movemento.





Para afrontar a clase con confianza, escolle roupa cómoda que te permita moverte libremente e leva calzado axeitado para o estilo de baile que comezas a aprender. Moitos principiantes temen non estar á altura, pero o nivel inicial está feito para ir pouco a pouco, aprendendo a conexión co ritmo con pasos sinxelos. Ademáis, é útil chegar uns minutos antes para coñecer o espazo e familiarizarte coa escola de baile, o que tamén te axudará a relaxarte.


Por último, lembra que o máis importante é gozar da experiencia. Bailar é unha actividade que permite expresar emocións e conectar con outras persoas. Ao rematar a túa primeira clase, seguramente sentirás unha mestura de satisfacción e gañas de volver.





En Sondanza estaremos encantadas de axudarche no que precises. O baile é unha aventura que se desfruta a cada paso.


9 views0 comments

Comments


bottom of page