top of page
Writer's pictureSondanza

Milenios movendo a barriga: pasado e presente da danza do ventre

Moita xente temos visto facer a Shakira ou Beyoncé ondas coa barriga, algo que nos soa a "oriental" e "exótico". Estes movementos tamén os viron as tropas francesas que invadiron Exipto no anoitecer do século XVIII, e déronlles o nome de danse du ventre, que se traduce literalmente por "danza do ventre", nome que ficou até os nosos días para describir esta forma de expresión corporal.


Dentro da pouca certeza que se ten sobre as súas orixes, sábese que se practicaba no Antigo Exipto (puidendo ser moi anterior!), onde tiña significado ritual con fins relixiosos e/ou relacionados coa fertilidade e a xestación, xa que se pensa que os movementos ondulatorios do ventre imitaban as contraccións do parto. A asociación que facemos hoxe en día entre esta danza e os pobos árabes, que a chaman رقص شرقي (raqṣ sharqī = danza do leste, de onde sae o nome "danza oriental") nace da súa incorporación ao folclore árabe coa entrada destes pobos en Exipto na Idade Media.


Aínda que o máis habitual hoxe en día é a práctica da danza oriental por mulleres, sábese que os homes tamén a practicaban. Coa ocupación británica, as mulleres foron olladas como fonte de entretemento para as tropas, ao tempo que consideraban "inmoral, incivilizado e inferior a Occidente" (segundo W. E. Lane) o feito de que non estivese mal visto que os homes bailasen, polo que a partir dese momento prohibíuselles practicar esta danza. Porén, en Turquía, que tamén sofreu un proceso de occidentalización en moitos sentidos, temos os kochecks, homes que bailaban danza oriental interpretando roles de calquera xénero.


Se queres saber máis, temos este sábado 22 de outubro un obradoiro de danza tribal vintage, e clases de danza do ventre os luns ás 19h e os xoves ás 20h. Achégate!



20 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page