top of page

O BALLET NO CINE

Aquí tendes 3 filmes sobre danza clásica que agardamos que vos resulten de interese!


CISNE NEGRO


Thriller de terror psicolóxico do director Darren Aronofsky. A película trata de Nina, unha bailarina de ballet que vive coa súa nai sobreprotectora, que tamén quixera ser bailarina; pero deixárao todo para coidar da súa filla e proxecta as súas frustracións nela. De ahí xurde un forte conflicto entre elas.

Na vida da nosa protagonista o único que importa é o baile: non ten amigos ou interaccións sociais fóra das clases de ballet, e o seu desenvolvemento insano fai que teña un comportamento inestable. Está obsesionada coa perfección incluso a costa da súa saúde física e mental: moitas veces chega a autolesionarse.

A súa excesiva disciplina impide que faga correctamente o papel do Cisne Negro, cando aparece unha rival cuxos movementos e actitude se complementan á perfección con este rol. É por isto que Nina se obsesiona con ela considerándoa a súa competencia a niveles extremos, desestabilizando por completo a súa personalidade.

Na película hai moitas distorsións da realidade que amosan a loita interna que Nina leva a cabo entre os dous cisnes que viven no seu interior.

A película mostra a cara mais dura do ballet onde a disciplina é tan importante que as bailarinas son sometidas a moita presión, sendo capaces de calquer cousa por conseguir un papel. Destaca ademais o poder dos homes, pois o director da compañía abusa e manipula ás bailarinas como lle place.

En definitiva, a película reflexa a peligrosa búsqueda da perfección.







DANCER


Unha película documental do director Steve Cantor sobre a vida de Sergei Polunin, o primeiro bailarín mais novo da historia do Royal Ballet de Londres. Comeza como ximnasta na súa infancia, pero pronto a súa vida se centra no ballet e aos 11 anos xa coñece ben o que é a presión: tivo que facer moitos sacrificios, tendo que renunciar a todo o que non concernise o ballet á curta idade de 13 anos.

As esixencias e restriccións ás que se somete Sergei provocan que se volva un home rebelde, levándoo ao borde da autodestrucción. No documental, afirma que para él deixara de existir a vida máis alá do ballet.

A música amosa a vida do bailarín dunha forma moi cercana e emocional, entrevistando aos seus amigos e familiares, así como clips da infancia de Sergei e os seus ensaios para distintas actuacións.


Sergei realizou un videoclip pra a canción Take me to church de Hozier que se fixo viral en Youtube. A coreografía é impresionante, os movementos, a emoción que transmite Sergei cos seus xestos... sen embargo, a percepción do vídeo resulta moito mais impresionante unha vez vista a película sobre a súa vida e comprendendo todo o que Sergei viviu e o que nos quere dicir coa coreografía.

Bailando dende a rabia, o odio, a dor; coa súa fama de "chico malo" e o corpo cheo de tatuaxes, amósanos unha apariencia do ballet nunca vista antes.




GIRL


Película belga baseada na historia real de Nora Monsecar, dirixida por Lukas Dhont e protagonizada por Victor Polster e Arieh Worthalter.

Relata a vida dunha xove de 15 anos que está pasando por unha transición de cambio de sexo.

Nora Monsecar foi unha bailarina descuberta polo director nun periódico en 2009. Chamoulle a atención como unha adolescente podía ser tan fiel a si mesma a tan curta idade.

A historia de Lara resulta complicada posto que, tal como se mostra na película, está sometida a unha gran frustración ao sentirse atrapada nun corpo que non considera seu... mais tamén ten que confrontar a parte máis estricta do ballet na que terá que lidiar coa competencia entre ela e as súas compañeiras, a autoesixencia e a discriminación.




35 views0 comments

Recent Posts

See All

Commentaires


bottom of page