top of page
Writer's pictureSondanza

O GROOVE

Que é o groove?

É o sentido da ubicación, orientación rítmica e de contexto. Compleméntase co swing, pois é a sensación que da un conxunto musical, pero tamén se pode sentir de cada elemento aislado.

O groove é algo relacionado mais ben ao jazz, ao funk, soul e estilos musicais con raíz africana, pero pódese sentir en calquer tipo de música en xeral.

Afirmouse que é unha comprensión do patrón rítmico que pon en movemento a un cando escoita unha determinada música, que ten un efecto na persoa de sensación rítmica

indescriptible. É coma un movemento que xurde a partir duns patróns rítmicos.


A palabra "groove" provén da expresión "in the groove". Apareceu nos anos 30 en pleno auxe do swing, e tiña como obxectivo definir un modo de tocar cun estilo satisfactorio, fluido e rítmico.



O que busca é a conquista dos espectadores para ensimismalos no ritmo da música e facer

que se movan con ela e a sintan. A traducción literal é "surco" ou "ranura". Refírese aos ocos gravados nas superficies dos vinilos.





Se pedimos a varios profesionais de de baile moderno que definan o groove no baile, recibiríamos respostas como o sentimento que transmite a música e o acto de deixarse levar por ela. En cambio, o termo é subxectivo, xa que pode ser unha sensación lenta, suave, entrecortada, vivaz... cada un o expresa ao seu modo.

Atopar o teu groove pode ser moi beneficioso para os bailaríns e pode axudalos a brillar! Estes son algúns consellos para atopar o teu GROOVE!:



– Utilizar vestimenta axeitada:

aínda que o groove expresa o que sae de dentro de ti coa música, a roupa pode axudarche a expresalo de forma mais doada. Xa sexa roupa ancha ou axustada, ponte aquelo que sintas que che achega ao teu groove!



– Soltarnos: podes probar a bailar só para desatar o teu ritmo e vivir a música sen ser consciente de nada mais para despois reproducir esta sensación e moementos diante do resto!


– Libérate da técnica: Os bailaríns de danza clásica adoitan amoldarse a unha certa técnica e isto pode dificultar atopar o seu grooove. Tenta afloxar o teu corpo e balancearte para relaxar todo para utilizar o teu propio estilo (aínda que sexa algo baseado na danza que ti practicas).


En Sondanza temos varios estilos de baile que ofrecerche para que escollas o teu...

e atopes o teu GROOVE!


CONTÁCTANOS:


722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela












21 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page