top of page

Os mellores bailes para peques

O baile é pura expresión física. A través del xs nenxs desenvolven a súa imaxinación e van aprendendo sobre as posibilidades e capacidades da natureza do seu propio corpo.

É unha actividade que resulta un gran apoio no crecemento dos nenos. De todas as actividades, o baile pode resultar unha das mais divertidas!




Estos son algúns dos estilos mais adecuados para peques:




BALLET

Poden comezar a bailar ballet dende ben cativxs para comezar a traballar o seu corpo, a

flexibilidade e a coordinación. Ademais é un baile que require concentración pero é elegante e relaxante cando se trata das nocións básicas e os primeiros pasos para iniciarse na disciplina. A vestimenta tamén é algo que sempre resulta atractivo para os nenos, e sempre disfrutarán de ponerse unhas mallas e/ou tutú para bailar!





BAILES FOLCLÓRICOS


Os traxes típicos son moi ben recibidos entre peques, que o tomarán coma un disfraz e os pasos de baile, coma un xogo. Os bailes folclóricos axudan ademais á integración dos grupos sociais e preservan o legado cultural.





BAILES LATINOS


Son do gusto de todas as idades. En cambio son mais recomendados para idades un pouco mais avanzadas (a partir dos 12 anos) xa que teñen o corpo mais desenvolvido e comprenderán mellor os movementos desta disciplina. Ademais dependendo da idade e a habilidade dxs nenxs, uns estilos serán mais sinxelos que outros.

Afortunadamente existen moitos estilos coma o merengue e a salsa que son mais doados de aprender e lles resultarán mais divertidos.





BAILE URBANO


Este estilo está moi de moda e gusta moito ás e aos peques dun amplo abanico de idades.

O baile urbano conta cunha gran variedade de estilos (hip hop, break dance...), polo que é unha actividade que pode adaptarse a case calquer nenx. Cada estilo ten os seus propios pasos, técnica e cultura.





O QUE TODOS ESTES ESTILOS TEÑEN EN COMÚN É

QUE PASÁMOLO XENIAL MENTRES APRENDEMOS!



CONTÁCTANOS PARA MAIS INFORMACIÓN!


722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela




23 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page