top of page
Writer's pictureSondanza

POSICIÓNS BÁSICAS DO BALLET

- Primeira posición (première position): os talóns de ambos pés xúntanse e as puntas miran cára fóra formando unha liña. Os brazos colócanse formando un óvalo.



- Segunda posición (deuxième position): semellante á primeira, pero cos pés un pouco separados. O espazo entre ambos será equivalente ao longo dun pé.

Os brazos ábrense ampliamente (lixairamente curvados) formando unha liña cos hombros.



-Terceira posición (troisième position): o talón dun pé colócase diante da parte central do outro. Pódese realizar con calquera das dúas pernas diante. Colócase un brazo cára arriba con forma ovalada e o outro ampliamente aberto coma na segunda posición.



-Cuarta posición (quatrième position): na cuarta posición, os pés crúzanse de maneira que o talón dun pé se pon á mesma altura ca os dedos do outro e viceversa. Débese deixar un espazo entre os pés equivalente ao longo dun pé. Mentres, posiciónase un brazo curvado cára diante e outro cára arriba lixeiramente curvado.



-Quinta posición (cinquiéme position): igual á cuarta posición, pero ambos pés se tocan e non hai espazo entre eles (o talón dun pé toca o dedo do outro e viceversa).


En Sondanza temos clases para peques (de 3 a 5 anos), para nenxs de primaria e para adultxs. Para mais información, non dubides en contactarnos!


722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela








38 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page