top of page

Regalos orixinais sen saír de Sondanza

Velaquí tes unha lista de ideas de regalos moi TOP para este Nadal. Todas as cousas pódelas atopar na tendiña de Sondanza.



Expositor de produtos de Sondanza


  1. Clases particulares de danza: Se a túa parella é a típica persoa que che di que non baila porque "dálle vergoña", temos a solución perfecta. En Sondanza temos unhas fermosas tarxetas de regalo que podes agasallar a quen ti queiras. Podes incluir unha serie de clases particulares para asistir xuntos ou de forma individual.

  2. Clases grupais en Sondanza: Nas nosas tarxetas tamén podes optar por unha opción máis económica, clases grupais en calquera dos nosos grupos; salsa, dancefit, danza contemporánea, preparación física, pilates...

  3. Adestramentos persoais: En Sondanza contamos cun adestrador moi experimentado que traballa presencialmente e tamén online. Qué excusa tes agora para non estar en forma?

  4. Un surtido de cosméticos naturais: Na nosa tendiña podes atopar unha serie de produtos cosméticos feitos a man con moito cariño e cero residuos. Unha forma de colaborar co comercio local, manter a raia a contaminación e mimar ao máximo a esa persoa especial.

  5. Zapatos de danza: En Sondanza vendemos todos os produtos de Dancin. Podes atopar dende unhas sinxelas zapatillas de ballet ata os tacóns máis brillantes do mercado.

  6. Camisolas e suadoiros: Temos diferentes camisolas, suadoiros e outros productos que forman parte do merchadising de Sondanza dende tallas para os máis peques ata adultos.

  7. Máscaras bonitas e homologadas: Tanto podes optar polas máscaras de Sondanza homologadas para 50 lavados e co diseño máis bailón ou polos deseños coloridos e actuais de Lupyta Masks con ata 25 lavados.

  8. Detalles brillantes: Podes regalar uns preciosos pendentes feitos a man con moito amor, unha pulseira chea de cores ou, para os máis xeitosos, unha bolsa de cristaliños hotfix cos que decorar os teus zapatos de baile, a túa camisola favorita ou mesmo unha libreta.


37 views0 comments
bottom of page