top of page
Writer's pictureSondanza

Reggaetón: enerxía e ritmo.

O reggaetón, como estilo de baile, reflexa a enerxía e a sensualidade do propio xénero músical. Con movementos que combinan os ritmos urbanos, o flow do hip hop e o calor dos ritmos latinos, é unha forma de expresión poderosa que permite liberar tensións e desfrutar ó máximo.


É un estilo coñecido por ser dinámico e libre, onde o corpo enteiro móvese ao ritmo dos beats. Algunhas das súas características máis importantes son:


Movemento de pelvis. A inclinación e o control da pelvis son fundamentais neste tipo de baile, xa que son a base do "perreo", polo que en Sondanza non só traballamos coreografías, tamén ensinamos a técnica para mover o cú!


Movemento fluido do torso. Outra parte do corpo importante ao bailar reggaetón é o torso, polo que tamén traballamos a movilidade desta área corporal, aprendendo a facer ondas, círculos e máis.


Conexión co ritmo. O reggaetón báilase ao ritmo do dembow, ese patrón rítmico repetitivo que fai tan característico ao xénero musical, ou con influencias máis marcadas do trap ou o pop. Os movementos do baile tenden a ser rápidos e marcados, sincronizados coa música.


Sensualidade e actitude. É un estilo que destaca pola súa sensualidade e a actitude forte e segura que proxectan os seus bailaríns, polo que é de gran axuda para gañar confianza e seguridade nunha mesma.



Se o reggaetón é a túa paixón ou queres probar algo novo, ¡as nosas clases son perfectas para ti! En Sondanza temos clases con diferentes horarios e niveis, e as nosas profesoras axudaranche en cada paso para gañar técnica, confianza e seguridade. Escolle a túa clase e disfruta!


Luns de 18h a 19:30h - Reggaetón Avanzado.

Martes de 18:30h a 20h - Reggaetón Iniciación-Intermedio.

Mércores de 20h a 21:30h - Reggaetón Intermedio.

Xoves de 21h a 22:30h - Reggaetón Iniciación.

9 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page