Setembro, un mes de cambios.
Setembro é un mes de novos comezos, pero tamén pode ser un tempo de desafíos. Despois das vacacións, volver á rutina pode resultar difícil e é común experimentar o que se coñece como depresión postvacacional. Este termo refírese á sensación de fatiga, tristeza ou desmotivación que moitas persoas sinten ao regresar ao seu día a día despois dun período de descanso. Isto, sumado ao estrés que pode acompañar ao inicio nun novo traballo ou ás responsabilidades do que xa tiñamos, pode facer deste mes un período complicado de transitar.
¿En que me pode axudar a danza?
O movemento pode axudarnos a xestionar o estrés producido pola volta á rutina, e que mellor maneira de movernos que bailando.
Diversos estudios demostraron que o exercicio regular ten un impacto positivo na nosa saúde mental. O movemento físico libera endorfinas, coñecidas como as hormonas da felicidade, que axudan a mellorar o estado de ánimo e a reducir o estrés. Ademais, o baile ten unha serie de beneficios adicionais:
Conexión social: bailar en grupo crea un sentido de comunidade. A conexión cos demáis é fundamental para combatir a soidade e mellorar o noso benestar emocional. En Sondanza consideramos fundamental a creación dunha comunidade unida e un bo exemplo son as nosas clases de latinos, nas que o baile en parella pode axudarche a coñecer a establecer novas conexións.
Expresión emocional: o baile permite expresar emocións que, algunhas veces, non sabemos comunicar con palabras. É unha maneira de liberar tensións e reconectar co noso eu máis profundo. Por exemplo, nas clases de contemporáneo ou de urbano poderás conectar coas túas emocións e expresalas libremente.
Mellora física e mental: a danza é unha excelente forma de exercicio que, ademáis de mellorar a condición física, estimula a memoria, a coordinación e a creatividade. As actividades como ballet fitness ou reggaeton poden axudarche a manterte en forma, en todos os sentidos.
¿Por que apuntarme a unha escola de baile?
Bailar é beneficioso de todas as maneiras, xa sexa no teu cuarto cando ninguén te ve, co fío musical do supermercado ou nun parque un día de sol, pero apuntarte a clases nunha academia de baile pode proporcionar vantaxes adicionais. Non só aporta un espazo seguro no que aprender e desenvolver as túas habilidades, tamén implica o establecemento dun horario e estructura alleos ao traballo, xerando momentos de desconexión e funcionando como fonte de motivación para animarte a seguir.
Sexas dos que afrontan setembro con ilusión e enerxía ou dos que sofren depresión postvacacional e picos elevados de estrés, é un mes ideal tanto para comezar nunha nova actividade como para marcarte novas metas. Vota unha ollada ao noso horario e escolle o estilo que máis vaia contigo!
E ti, ¿cómo afrontas o mes de setembro?
Kommentare