Preparamos o primeiro baile da túa voda. Pode ser un vals, unha bachata a coreografía de es peli que tanto vos gusta ou a música máis marchosa para empezar a festa ben animados.
Tamén facemos bailes para os pais e nais dos noivos ou para grupos de amigos que queiran sorprender aos protagonistas do día

Taller de Bachata.

Dúas horas nas que exploraremos a diversas facetas da bachata dentro do eido da Bachata Sensual. Traballaremos o estilo para homes e mullers, a técnica de guía (leading) e a de seguidor (following) nunha clase dinámica e divertida.

Día: Sábado 8 de xuño

Horario: de 18h a 20h
Prezo: 20€

Imparten: Kenz e Juli

Tango para o rol conductor (leader).

Un taller para xente que queira entrar en contacto co tango e para bailaríns xa iniciados no que aprenderás todo sobre a técnica de guía. Disociacións: Enrosques e desenrosques do rol conductor, traballo co peso do corpo e dornos para situacións de xiro e contraxiro.

 

Día: Sábado 15 de xuño
Horario: de 16h a 20h
Prezo: Curso completo: 30’00 Euros
Curso por hora: 10’00 Euros

Imparte: Oscar Cobos

Reggaetón

Se es de esas persoas as que lles  gusta darlle caña o corpo, este intensivo é para ti. Traballando a disociación corporal, os movementos de cadera e torso, a expresión e a enerxía bailaremos unha coreografía única.

 

Días: Luns, martes e mércores 17, 18 e 19 de xuño
Horario: de 19:30h a 21h
Prezo: Curso completo: 35’00 Euros

Imparte: Benjamín Silva

Técnica clásica aplicada aos ritmos latinos.

O curso perfecto para todas as persoas que bailan ritmos latinos e queren mellorar a súa técnica. Aprenderemos a xirar correctamente, a colocar o tronco e as pernas, a traballar ca tensión do corpo, a facer cambrés de forma segura e bonita...

Para todos os niveis de baile

 

Día: Sábado 13 de xullo
Horario: de 17h a 20h
Prezo: Curso completo: 30’00 Euros

Imparte: Pablo Aradillas (Colabora: Raquel Pombar)

Iniciación á Danza contemporánea.

Exploraremos moito o corpo mais o noso entorno e cómo nos relacionamos con él. E por suposto bailaremos e disfrutaremos ao máximo.

Día: Sábado e domingo 20 e 21 de xullo

Horario: de 11h a 13:30h
Prezo: 55€

Imparte: Paula Quintas