Nosas Clases de Baile Afrolatino
Ritmos latinos
Os cursos de ritmos latinos son perfectos para a xente que inicia a súa andaina no mundo do baile social.
Combinando clases de merengue, salsa e bachata, o alumnado aprende aos poucos a traballar en parella e tamén a seguir o ritmo e mellorar o seu estilo de forma individual.
Clases de Salsa
A salsa é un baile afrolatino nado en Cuba. Podes aprender a bailar salsa nos nosos cursos de ritmos latinos.
Lembra que temos clases para todos os niveis. Goza do sabor, a enerxía e a alegría deste estilo mentres melloras a túa técnica e pásascho en grande.
Clases de Kizomba
A kizomba é un baile en parella orixinado en Angola entre as décadas dos 70 e 80.
Caracterízase polos seus movementos suaves e marcados, especialmente na parte inferior do corpo, que destaca por unha alta conexión en parella e cun alto grao de musicalidade.
Clases de Bachata
Nas clases de bachata traballamos os distintos estilos deste baile, iniciándonos no estilo tradicional da República Dominicana e tamén nas novas técnicas como a Bachata Sensual.
Aprenderás a moverche con fluidez, mellorar a túa conexión en parella e gozar do ritmo desde o primeiro paso..