As Nosas Clases de Baile para Adultos

Danza Contemporánea
A danza contemporánea é unha forma de arte en movemento.
É unha danza libre, expresiva e versátil, onde o foco está no movemento auténtico, a conexión consigo mesmo e a experimentación artística. Descúbrea nas nosas clases e libera a túa creatividade.

Ballet Iniciación
Se es desas persoas que sempre quixeron bailar ballet pero nunca tives a oportunidade, este é o momento para ti.
Nas nosas clases de ballet para adultos aprenderás a bailar ballet desde a base, as posicións da danza clásica, os movementos, etc.

Ballet Fitness
Se non te atreves co ballet, pero sempre che gustou a idea, esta é a túa clase. A través do traballo na barra mellorarás a túa postura e fortalecerás todo o corpo.
Unha forma elegante e efectiva de conectar contigo a través do movemento.

Danza do Ventre
A danza do ventre, coñecida tamén como Danza Oriental, provén de antigas tradicións de Oriente Medio e do norte de África.
Esta danza non só mellora a autoestima e a postura, senón que tamén tonifica o abdome e o chan pélvico.

Urbano
O baile urbano xurdiu en contextos urbanos e de rúa, principalmente nos EE. UU. nas décadas dos 70 e 80.
Co seu estilo libre e enérxico é unha forma poderosa de conectar coa música, o corpo e a cultura contemporánea.

Reggaetón
Ao ritmo da música máis actual e un pouco de reggaetón clásico, disfrutarás deste baile tan de moda.
Aprende os fundamentos do perreo e do twerk, así como as coordinacións típicas dos bailes urbanos para dominar as pistas de baile.

Heels
Nas clases de Heels aprenderás a bailar como unha auténtica diva.
Póñate os tacóns e disfruta mentres modifies a túa forma de andar, melloras o teu equilibrio, potencias a túa presenza escénica e ves como a túa autoestima aumenta constantemente con cada paso que das.

Salsa
A salsa é un baile afrolatino nacido en Cuba. Podes aprender a bailar salsa nos nosos cursos de ritmos latinos.
Dispomos de clases para todos os niveis. Goza do sabor, da enerxía e da alegría deste estilo mentres te diviertes.

Kizomba
A kizomba é un baile en parella orixinado en Angola entre as décadas dos 70 e 80.
Os seus movementos suaves e marcados, especialmente na parte inferior do corpo, destacan por unha alta conexión en parella e cun alto grao de musicalidade.

Bachata
Na bachata traballamos distintos estilos, iniciándonos no estilo tradicional da República Dominicana e nas novas técnicas como a Bachata Sensual.
Moveraste con fluidez, mellorarás a túa conexión en parella e disfrutarás do ritmo dende o primeiro paso.

Ritmos latinos
Este curso é perfecto para a xente que comeza a súa andaina no mundo do baile social.
Combinando clases de merengue, salsa e bachata, o alumnado aprende pouco a pouco a traballar en parella e tamén a seguir o ritmo e mellorar o seu estilo de forma individual.