As Nosas Clases de Baile Infantil

Ballet
3 a 12 anos
Na clase de ballet para os máis pequenos e alumnado de primaria afondaremos nos movementos propios da danza clásica e na súa aplicación.
A través de exercicios e coreografías melloraremos o equilibrio e a forza de acordo coa capacidade de cada estudante.
Fomentamos a disciplina, a expresión corporal e o amor polo arte desde unha idade temperá

Baile Moderno
6 a 12 anos
Pensada para alumnado de primaria, esta actividade baséase nas diferentes técnicas da danza contemporánea, clásica e urbana de forma que as nenas e nenos experimenten unha aproximación global á danza mentres aprenden bailes e coreografías dos artistas de moda e outros menos coñecidos.
Se che gusta bailar de todo, o baile moderno é para ti!

Baile Infantil
3 a 5 anos
O baile infantil é unha actividade para todas esas nenas e nenos que comezaron a "moverse" incluso antes de andar.
Con coreografías propias e algunhas coñecidas, traballaremos a propiocepción, desenvolveremos o equilibrio e aumentaremos a forza dos seus músculos para que crezan sanos e cun corpo listo para o que veña!