Actividades para nenos e nenas
Baile Infantil
O baile infantil é unha actividade para todas esas nenas e nenos que comezaron a "menearse" xa antes de camiñar. Con coreografías propias e algunhas coñecidas traballaremos a propiocepción, desenvolveremos o equilibrio e aumentaremos a forza dos seus músculos para que crezan sans e cun corpo listo para o que veña!
Para peques de 3 a 5 anos.
3 a 5 anos
Ballet Infantil
Na clase de ballet infantil os nosos peques aprenderán as diferentes posicións e movementos propios da danza clásica. Tamén traballarán o seu equilibrio, forza e control corporal a través de xogos e dinámicas pensadas sobre a técnica do ballet.
Dirixido a alumnado de 3 a 5 anos.
3 a 5 anos
Baile Moderno
Pensada para alumnado de primaria, esta actividade baséase nas diferentes técnicas da danza contemporánea, clásica e urbana de forma que as nenas e nenos experimenten unha aproximación global á danza mentres aprendes bailes e coreografías dos artistas de moda e outros menos coñecidos.
Se che gusta bailar de todo, baile moderno é para ti!
6 a 12 anos
Break Dance Infantil
Esta formación en breakdance ten por obxetivo achegar as técnica de movemento, acrobacia e pasos básicos do breakdance. Traballarase sobre o control do espazo, das alturas, da velocidade e do ritmo, especialmente o contacto co chan e o control propio do peso corporal. Inclúe tamén exercicios de preparación física específicos para a actividade.
Para nenas e nenos a partir dos 5 anos.