Clases de baile para adultos

Reggaetón
Ao ritmo da música máis actual e algún reggaetón velliño disfrurtarás deste baile tan de moda. Aprende os básicos do perreo e o twerk así como coordinacións típcias dos bailes urbanos para dominar as pistas de baile.

Bachata
Nas clases de bachata traballamos os distintos estilos deste baile, iniciándonos no estilo tradicional da República Dominicana e tamén nas novas técnicas como a Bachata Sensual.

Danza do Ventre
A danza do ventre, tamén chamada Danza Oriental ten a súa orixe en danzas antigas tradicionais de Oriente Medio, xunto con outras do norte de África e Grecia.
Practicando este baile, entre máis cousas, poderás experimentar:
· Conexión co feminino e ancestral.
· Golpes e vibracións na cadera.
· Ondulacións co ventre, caderas e peito.
· Combinacións de movementos suaves e fortes.
Ademáis, a danza do ventre. mellorará a túa autoestima e é unha forma fantástica de traballar o abdome e o chan pélvico.

Break Dance
Esta formación en breakdance ten por obxetivo achegar as técnica de movemento, acrobacia e pasos básicos do breakdance. Traballarase sobre o control do espacio, das alturas, velocidade e ritmo, especialmente o contacto co chan e o control propio do peso corporal. Inclúe tamén exercicios de preparación física específicos para a actividade.

Salsa
A salsa é un baile afrolatino nacido en Cuba. Podes aprender a bailar salsa nos nosos cursos de ritmos latinos. Recorda que temos de todos os niveis.

Ballet Iniciación
Se es desas personas que sempre quixeron bailar ballet pero nunca tiveches a oportunidade, éste é o momento para ti. Nas nosas clases de ballet para adultos aprenderás a bailar ballet dende a base, as posicións da danza clásica, os movementos ,etc.

Heels
Nas clases de heels aprenderás a bailar coma unha auténtica diva. Enfúndate un taconazo e disfruta mentres modificas os teus andares, melloras o teu equilibrio e ves como a túa autoestima sube sen parar.

Kizomba
A kizomba é unha danza que naceu entre os anos 70 e os 80 en Angola. Trátase dun baile en parella con movementos especialmente do tren inferior que combina unha alta conexión ca parella xunto cun alto grado de musicalidade.