Skip to Content

Break dance: toprocks.

26 de setembro de 2025 by
Sondanza, Raquel Pombar
| No comments yet


pareja bailando break dance

O break dance é un estilo de baile urbano que xurdiu nos anos 70 en Nova York, como parte da cultura hip hop. Caracterízase por movementos dinámicos e acrobáticos que combinan forza, axilidade e ritmo. Dentro do breaking existen varios elementos: toprocks, go downs, footwork, freezes, power moves, tricks ou flips.


​





Nesta ocasión queremos falar dos toprocks, son moito máis ca un simple quecemento antes dos movementos de chan. Trátanse dunha parte fundamental do baile, onde cada b-boy e b-girl pode expresar o seu estilo persoal e a súa musicalidade. Estes pasos son os que se realizan de pé, que sirven como mostra inicial de estilo e como transicións ás acrobacias.

Existen diferentes tipos de toprocks, dende os clásicos indian step e side step ata variacións máis elaboradas que incorporan xiros e cambios de ritmo. A clave está en conectar cos golpes da música e transmitir confianza e enerxía.

Queres aprender a bailar este estilo? ¡Visita as nosas redes sociais e o calendario de clases na nosa web! 

 



chico bailando por la calle

 722 806 494

            @sondanza

                      info@sondanza.es

                                Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela

Empiece a escribir aquí...

Sign in to leave a comment
O BALLET NO CINE