Heels é unha disciplina de baile que combina a sensualidade e elegancia dos tacóns altos coa técnica de diversas disciplinas, como o jazz, o urbano ou o clásico. Este estilo caracterízase por ter un forte enfoque na expresión corporal, a confianza e a feminidade, destacando movementos fluidos, poses marcadas e un control absoluto do corpo.
Apareceu na década dos 90, inspirado polo estilo das bailarinas que acompañaban ás artistas de pop e R&B, como Janet Jackson e Beyoncé, quenes levaron o baile en tacóns á popularidade. As súas raíces proveñen do jazz e do burlesque, estilos que xa incluían o uso dos tacóns, pero que fusionáronse con outros xéneros modernos.
Máis aló do estético, heels permite a quenes o practican desenvolver o seu equilibrio, forza e seguridade, xa que requírese dun alto control corporal ao moverse nos tacóns. É unha disciplina empoderante, onde a actitude e a confianza son clave para dominar cada coreografía.

As claves deste estilo son:
- Técnica. Bailar con tacóns require dun enfoque técnico, especialmente para manter o equilibrio. En Sondanza dedicamos un espazo da nosa formación á técnica, dende como caminar sobre os tacóns ata xiros, cabezas ou baixadas ao chan, que logo se implementan nas nosas coreografías.
- Actitude. Heels non solo se reduce ao movemento, senón que ten un componente actitudinal fundamental. Se basea no empoderamento e a sensualidade, e nas nosas clases nos esforzamos por xerar un ambiente seguro no que traballar a confianza en nós mesmas e a expresión.
- Fusión de estilos. O característico deste tipo de baile son os tacóns, polo que pode emplearse a técnica de diversos estilos como o jazz, o urbano ou o clásico, o que o convirte nunha disciplina diversa e completa na que a profesora é clave, xa que cada unha ten as súas raíces e o seu propio estilo.
¿Gustaríate probar este estilo? ¿Xa o bailas? ¡Lémoste!
722 806 494
@sondanza
info@sondanza.es
Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela
Empiece a escribir aquí...