Skip to Content

Reggaetón: enerxía e ritmo.


foto chica bailando

O reggaetón, como estilo de baile, reflexa a enerxía e a sensualidade do propio xénero músical. Con movementos que combinan os ritmos urbanos, o flow do hip hop e o calor dos ritmos latinos, é unha forma de expresión poderosa que permite liberar tensións e desfrutar ó máximo.

É un estilo coñecido por ser dinámico e libre, onde o corpo enteiro móvese ao ritmo dos beats.





Algunhas das súas características máis importantes son:

Movemento de pelvis. A inclinación e o control da pelvis son fundamentais neste tipo de baile, xa que son a base do "perreo", polo que en Sondanza non só traballamos coreografías, tamén ensinamos a técnica para mover o cú!

Movemento fluido do torso. Outra parte do corpo importante ao bailar reggaetón é o torso, polo que tamén traballamos a movilidade desta área corporal, aprendendo a facer ondas, círculos e máis.

Conexión co ritmo. O reggaetón báilase ao ritmo do dembow, ese patrón rítmico repetitivo que fai tan característico ao xénero musical, ou con influencias máis marcadas do trap ou o pop. Os movementos do baile tenden a ser rápidos e marcados, sincronizados coa música.

Sensualidade e actitude. É un estilo que destaca pola súa sensualidade e a actitude forte e segura que proxectan os seus bailaríns, polo que é de gran axuda para gañar confianza e seguridade nunha mesma.







pareja bailando

Se o reggaetón é a túa paixón ou queres probar algo novo, ¡as nosas clases son perfectas para ti! En Sondanza temos clases con diferentes horarios e niveis, e as nosas profesoras axudaranche en cada paso para gañar técnica, confianza e seguridade. Escolle a túa clase e disfruta!





Empiece a escribir aquí...

 722 806 494

            @sondanza

                      info@sondanza.es

                                Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela

Sign in to leave a comment
Heels: empoderamento sobre os tacóns.