top of page
Writer's pictureSondanza

A SALSA

ORIXE, HISTORIA E BENEFICIOS


A salsa é un "aderezo" en lenguaje gastronómico, utilizándose deste xeito como metáfora asociada ao sabor e á alegría.

A salsa cubana consiste nunha mestura de estilos musicais afrocaribeños que foron evolucionando ata derivar neste estilo de baile.

Esta fusión se extendeu posteriormente en toda América Latina e chegou a EEUU a finais dos anos 60. Nos seus comezos se consideraba unha combinación de varios estilos: chachachá, mambo, guaracha... ata que, finalmente, acadou unha identidade propia.


Os pasos básicos da salsa teñen, de feito, os mesmos pasos que o son cubano. Tamén ten similitudes co mambo, a rumba e o danzón. Aínda que ten pasos en común cada estilo se baila de forma particular, adaptada ao seu propio ritmo musical, dependendo isto da rexión na que se desenvolvera en cada sitio.


En España a salsa estivo prohibida durante a dictadura polas súas letras e movementos. En cambio, posteriormente tivo lugar un fenómeno migratorio de persoas de latinoamérica e acadou unha gran popularidade no noso país.


É un baile que se practica principalmente en parella, pero que tamén se pode bailar só. Os beneficios de bailar a salsa son moi diversos:


  • Beneficios no noso físico: Tonifica, fortalece e define os músculos.

Como utilizamos todo o corpo, axuda a aumentar a nosa conciencia corporal. Mellora a circulación das pernas e reduce a celulitis. É un bo exercicio cardiovascular que contribúe á elasticidade e flexibilidade das articulacións. Ademais axuda a manter unha boa postura corporal.





  • Beneficios a nivel mental: Mellora a memoria e a coordinación do noso cerebro cos

movementos do corpo. Aumenta a actitude positiva e a confianza, servindo como terapia que ademais axuda a desconectar. Polo tanto, é un exercicio que mellora a autoestima. No caso das parellas, é unha actividade que axuda a conectar moito cx compañeirx.

Ademais libera endorfinas, que nos dan sensación de benestar.

E, por se fora pouco... é divertidísimo!!



En Sondanza impartimos clases de salsa xunto con outros estilos na actividade de ritmos latinos, que se dividen en distintos grupos segundo o teu nivel. Contacta con nós para máis información!











40 views0 comments

Comments


bottom of page