top of page
Profesorado
Estudio de danza | Escuela de danza | clases de baile | clases de salsa | Santiago de compostela | clases de baile | danza | baile Santiago de Compostela SONDANZA zumba #zumba #zumbafitness #fitness #dance #zumbalove #gym #zumbawear #zin #zumbaespaña #zumbaworldwide #pilates #fit #zumbaclass #zumbaspain #music #zinlife #yoga #training #zumbacommunity #work #spain #studio #motivation #team #salsa #baile #bachata #dance #españa #kizomba #musica #cuba #fiesta #merengue #venezolanosenespaña #reggaeton #party #rumba #danza #mambo #latino #discoteca #bachata #salsa #dance #kizomba #merengue #baile #bachatasensual #latino #españa #reggaeton #music #bailar #baila #sbk #dancers #salsadancing
RAQUEL POMBAR
Directora de Sondanza.
Ritmos afrolatinos, pilates e baile infantil
Formada en ritmos afrocubanos tales como a salsa, a rumba cubana, a bachata ou a kizomba.
Por outra banda tamén se formou en diversas disciplinas como o Pilates e diferentes estilos de danza.
Leva máis de 10 anos impartindo clases, foi coreógrafa da compañía amateur Güiro y Bongó e actualmente desenrola o seu traballo no novo estudio Sondanza.
MARTA L. FURELOS
Ballet e ballet fitness
Comezou a súa andaina no mundo da patinaxe artística e o seu afán por medrar levouna a introducirse no mundo da danza como un complemento para o seu deporte acabando por convertirse na súa paixón. Conta cunha ampla formación da Royal Academy of Dance, pero eso non foi o único. Tamén se formou en ritmos africanos e latinos, jazz, cabaret, danza contemporánea, lindy hop, pole dance...
Dende o curso 20/21 imparte clases de ballet e ballet fitness en Sondanza de forma regular e achéganos ao mundo da patinaxe cos seus talleres de rollerfit dance.
LAURA CASAS
Danzas urbanas
Apaixoada pola danza, comeza a súa formación en Cangas, onde non só se forma como alumna, senon tamén como docente.
Traballou nunha compañía de danza como bailarina de cabaret, baile galego e hip hop.
Tras 8 anos de arraigo no seu centro e asistindo a diversos cursos de carácter nacional e internacional, a vida lévaa a Santiago, onde se incorpora ao noso equipo.
AGARIMO GUERRA
Danzas urbanas
A pesar da súa curta idade, Aga formouse especialmente en danzas urbanas (sobre todo hip-hop, newstyle) e heels. E competiu durante 3 anos nun grupo de categoría absoluta de danzas urbanas.
Actualmente compatibiliza a súa labor docente cunha formación continua en diversos campos.
Traballa como coreógrafa e profesora de reggaetón e heels en Sondanza e outros centros da cidade.
ANDRÉ FANDIÑO
Circuito
Gran amante do movemento e practicante de artes marciais dende pequeno, decide enfocar a súa carreira profesional en axudar aos demais neste mesmo ámbito. Suma xa máis de dez anos de experiencia en adestramento persoal e grupal.
É Graduado en Ciencias do deporte e a educación física, fixo un máster en profesorado de secundaria e cursou diversas formacións sobre nutrición deportiva e exercicio.
Ademáis foi recoñecido como deportista de elite por ser 8 veces campión de España de Sandá na categoría de -80kg e bronce no mundial de Wushu (Kazan 2017).
LUCÍA G BRILLANTE
Ritmos latinos
Creativa, entusiasta e perfeccionista. Sinte devoción pola danza dende ben cativa e comeza a bailar ós nove anos en Ourense, a súa cidade natal. O tempo e a súa ensinanza académica lévana a Santiago de Compostela onde compaxina os seus estudos universitarios cos de danza.
Conecta con Sondanza, como alumna, nos seus inicios cursando salsa e bachata sensual durante varios anos. Na actualidade, continúa formándose no ámbito da danza e da ensinanza formal, exerce como profesora de bioloxía e retorna á escola para incorporarse ó equipo docente.
EMI V. LAGE
Administración
Emi V. Lage / Emi Vázquez Lage naceu en Ferrol en 1991. Mais adíante trasládase á cidade de Santiago onde mantén un estreito vículo coa universidade, onde traballou en xestión e investigación e onde estuda actualmente.
É un amante da música, a súa raelación comeza aos 13 anos e predura ata o día de hoxe xa que canta nun coro.
Tamén é un apaixoado do baile, español moderno e tradicional galego.
NADIA RILO
Danza do Ventre
Orixinaria da cicidade de Buenos Aires, trasladouse a vivir na súa adolescencia a Santiago de Compostela, onde comezou a formarse en diferentes estilos de Danza Oriental fai 13 anos da man de Martha Franco. Despois seguiuse formando con Silvina Giménez e Gamal Aboegela en A Coruña. Asistiu a Seminarios en Madrid, Portugal, e diferentes cidades de Galicia con mestres de moito prestixio. Leva 7 anos desenvólvese como profesora desta danza. Dende fai anos participa en espectáculos de Cabaré e Burlesque da compañía Bolboretas de A Coruña.
ARTUR LAGO
Break Dance
Comeza a practicar break dance en 2008, aprendendo principalmente de forma autodidacta con amigos, viaxando e asistindo a talleres e masterclases con expertos nesta disciplina. Tamén conta con amplia experiencia no ámbito da competición nacional e internacional. Máis tarde introdúcese na danza contemporánea para enriquecer o seu estilo de movemento, coñecementos, e traballar escénicamente.
bottom of page