Saúde e fitness
Flexibilidade e preparación física
Unha clase pensada para a mellora da flexibilidade e da forza xeral do corpo. Traballaremos a través de estiramentos pasivos e activos de forma que non só o músculos estean elásticos e as articulacións flexibles, se non que tamén a musculatura sexa capaz de traballar en rangos de maior amplitude.
Pilates
Joseph H. Pilates (1883, Mönchengladbach) padeceu de asma, raquitismo e febre reumática. Movido polas súas enfermidades estudiou o corpo humano e desenrolou o que agora coñecemos como o Método Pilates. Un método baseado na respiración, o movemento e a elongación do corpo, cheo de beneficios para o noso corpo e a nosa mente. Ademáis introducimos nas nosas sesións o método de Pilates HIIT con pequenos circuitos de alta intensidade que axudarán a mellorar dende a túa forza e resistencia ata a túa densidade ósea.