A danza do ventre, ou máis correctamente denominada danza oriental, é a evolución de distintas danzas antigas tradicionais de Oriente Próximo con influencias africanas e gregas.
Baséase principalmente no movemento de pelvis sen desplazar o resto do corpo.
Tradicionalmente era unha danza para mulleres que se levaba a cabo como ritual de fertilidade, da natureza ou de temática relixiosa. Co paso do tempo, os homes participaron tamén nalgúns tipos de danza do ventre como as de fantasía.
Nas súas orixes se trataba dunha danza folclórica improvisada cunha soa bailarina, mais agora existen coreografías enteiras nas que participan varias bailarinas.
Os movementos son xeralmente suaves e fluidos coordinando distintas partes do corpo, alternando golpes rápidos; que representan vivacidade e alegría; con xestos lentos que simbolizan a tristeza.
Ademais, todos os movementos da danza oriental están relacionados coa natureza: os pés ben apoiados sobre o chan representan a terra, os brazos alzados en forma de U representan as aves...).
Nos comezos da danza do ventre, as bailarinas utilizaban aceites aromáticos nas muñecas para perfumarse elas e mais aos espectadores.
O vestuario varía dependendo da rexión de orixe de cada coreografía. Tamén se pode clasificar segundo os movementos que utilizan; como por exemplo a danza de fantasía, que se desenvolveu co uso de accesorios que fan desta danza algo enigmático e espectacular, así coma os velos, as ás de isis, abanicos de seda, etc.
Este tipo de danza chegou a popularizarse moito noutros estilos de música, como é o caso do pop coa famosa Shakira; mais os grandes bailaríns de danza oriental seguen a preferir a versión mais tradicional.
Ten moitos beneficios mentais: os bailaríns afirman que mellora a autoestima e o benestar daqueles que a practican regularmente. O baile é un un bo exercicio cardiovascular e este tipo de danza mellora tanto a forza coma a flexibilidade. Céntrase sobre todo nos músculos do torso (sendo recomendado incluso por médicos para as pacientes que se están a recuperar de parto) e as pernas, pero fortalece tamén os hombros, brazos e o tronco superior en xeral polo control do movemento do veo.
Por todos estes beneficios, ademais dunha manifestación artística, a danza oriental foi adaptada como programa de exercicio que acada cada vez mais popularidade entre todo tipo de público independentemente do sexo ou idade.
Anímaste a exercitar o teu corpo con esta danza tan espiritual e sensual? Aquí vos deixamos un fragmento de coreografía de Nadia, a nosa profe de Danza Oriental. Agardamos que vos guste!
Comments