Buscar
  • Sondanza

O Método Pilates

Joseph H. Pilates (1883, Mönchengladbach) padeceu de asma, raquitismo e febre reumática. Movido polas súas enfermidades estudiou o corpo humano e desenrolou o que agora coñecemos como o Método Pilates. Un método baseado na respiración, o movemento e a elongación do corpo, cheo de beneficios para o noso corpo e a nosa mente.


Forza, movemento e flexibilidade: Moitos dos movementos deste método baséanse na activación muscular en todas as direccións posibles. Deste xeito, mellóranse a movilidade das articulacións ao mesmo tempo que a flexibilidade e a forza.


Figura máis esbelta: Un dos principales cambios que veremos ao comezar a facer pilates é que a barriga ponse máis dura e plana. Esto non quere decir que baixemos de peso, pero si que o “músculo faixa” (o transverso) gana tono facendo que a barriga se aplane e mellorando o estado dos nosos órganos internos.


Hixiene postural: O traballo do centro do corpo no que se basea este método axudaranos a manter unha boa postura durante o día e reducirá as dores de espalda e cabeza.


Melloras da circulación e reducción da retención de líquidos: A activación muscular favorece a nosa circulación obrigando ao sangue a moverse dunhas zonas a outras do corpo reducindo así as inflamacións e a retención de líquidos.


Dormirás coma un bebé: Facer exercicio de forma regular favorece ao descanso. Ademáis durante as clases de pilates utilízase unha respiración moi controlada que favorece á disminución do estrés.


Enerxía e felicidade: Facer exercicio xera endorfinas, a hormona que fai que nos sintamos máis felices e cheos de enerxía.



Josehp H. Pilates ensinando o seu método.

¡RECORDA! O método Pilates favorece ao teu corpo sempre que se faga ben, do contrario pode producir lesións. Non olvides comprobar q a persona ao cargo da clase está formada e presta atención a cada persoa da clase. Se tes algunha lesión non olvides informar antes de comezar a clase e se algún exercicio che produce dor, ¡protesta!

18 vistas