• Sondanza

QUE É A KIZOMBA?


Comeza a bailarse nas comunmente coñecidas farras ou kizombadas. De feito, a palabra kizomba provén de kizombada, que significa "festa" en kimbundu, unha das linguas máis faladas en Angola. Trátase dunha danza angoleña que se fixo popular nos 90 e está inspirada na semba, o baile tradicional do país. Báilase en parella, abrazados; pero a kizomba ten un ritmo máis lento e suave creando uns movementos mais sensuais, favorecendo o contacto coa parella.

Unha curosidade sobre o baile que conforma as súas raíces é que semba vén do singular massemba, que significa "toque de barrigas" en kimbundu.


Require moita complicidade entre os bailaríns, así coma unha capacidade de conducción por parte do home.



A mediados dos 90 en Portugal comeza a utilizarse a expresión kizomba para facer referencia a toda a música africana que se bailaba nos locais africanos. Sen embargo actualmente tamén alude a outros xéneros que están emparentados históricamente, xa que a súa evolución está provocando a fusión con outros estilos de baile. Aseméllase á lambada brasileira e a súa coreografía foi enriquecida por engadidos doutros bailes coma a bachata e o tango.

Actualmente moitos angoleños emigran para ensinar kizomba arredor de todo o mundo.


Require moita práctica e precísase fortalecer a zona lumbar e o glúteo polo movemento de cadeira. Normalmente xérase un abrazo íntimo; o home abraza á muller co brazo dereito e a muller, á súa vez, rodea co brazo esquerdo ao home apoiando o torso nel delicadamente. A conducción do home realízase sobre todo a través do torso. Aínda que é el o que dirixe, ela é a que lle dará un estilo mais elegante ou mais sensual á coreografía.


Como todos os estilos de baile, aquelas persoas que están a bailar kizomba reflicten os seus sentimentos a través do corpo e os seus movementos. A finalidade deste estilo é sentir cando se baila, trátase de xerar un vínculo coa parella e abrazarse delicadamente e non de forma demasiado brusca, de comprender os pasos da parella e guiala ou seguila (dependendo do papel da persoa que está a bailar) segundo o seu nivel e o ritmo que leve.


Queres aprender este estilo de baile latino? Contacta con nós para mais información!














33 views0 comments

Recent Posts

See All

O GROOVE

VOGUE