O ballet fitness é unha actividade apta para todo tipo de personas: nenxs, adultxs, embarazadas...
mellora o equilibrio, a flexibilidade, a resistencia e a axilidade, ademais de axudar a correxir a postura.
A fusión de balle + fitness ten como resultado unha serie de exercicios orixinais que requiren gran disciplina e concentración. Moitos son os típicos exercicios de ximnasio, mais combinándoos coas actividades que se realizan coa barra de ballet, a práctica resulta moito mais entretida.
Entre estes exercicios estánn os isométricos (que someten o músculo a tensión sen necesidade de movelo) e os aeróbicos (que melloran a nosa respiración e resistencia), ademais doutros exercicios que se realizan con esterilla.
É ideal para a xente que o combina con outras actividades coma crossfiteros, runners ou triatletas; xa que mellora notablemente o rendimento muscular.
Ademais, por encima de tonificar e quemar calorías, busca un verdadeiro crecemento persoal desenvolvendo a conexión corpo-mente que nos fai liberar tensións e sentirnos mellor.
Os bailaríns de ballet son atletas, polo que para aguantar unha sesión de ballet profesional precísase gran forza e resistencia.
A TER EN CONTA ANTES DE INICIARSE EN BALLET FITNESS
- é moi importante acudir a un centro onde se impartan ben as clases e a persoa instructora poida corrixir os nosos movementos e posturas, xa que algunhas poden ser complicadas e incluso producir lesións.
-en caso de embarazadas, o ballet fitness pode ser beneficioso incluso para o parto... pero
insistimos en que o idóneo é practicalo seguindo as instruccións dunha persoa profesional para realizar os movementos correctamente e aproveitar ao máximo todo o que nos aporta a actividade.
-en caso de persoas maiores, a persoa que imparte a clase debe prestar aínda mais atención para que non haxa ningún tipo de problema que poida xerar o desequilibrio.
Gustaríache poñerte en forma con esta actividade tan novedosa?
Contacta con nós e inscríbete xa!
722 806 494
@sondanza
Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela
Comments