top of page

3 actividades de adestramento para manterse en forma

Xa comezou o curso en todas as escolas, academias, facultades e institutos, e con el tamén nós comezamos a afacernos á nova rutina. Tanto se as nosas actividades do día a día, sexan traballo dentro ou fóra da casa ou distintas formas de coidado ou lecer, corremos o risco de ficar moito tempo na mesma postura (para unha grande parte de persoas, sentada). Este e outros hábitos pasan factura ao corpo a todas as idades, aínda que non o sintamos coa mesma intensidade; por iso, é fundamental para o benestar e a saúde física e mental realizar algún tipo de actividade física ao longo da semana.


Hai quen se exercita bailando: tes todas as nosas clases de baile na nosa web e neste mesmo blogue. Porén, moitas outras persoas simplemente queren activar o seu corpo a modo de mantemento e para evitar problemas a curto, medio ou longo prazo.

Neste caso, en Sondanza ofrecemos tamén unha serie de actividades de adestramento físico e mantemento que son interesantes alén das clases de baile. Aquí tes 3 actividades de adestramento para manterse en forma:

ponerse en forma en sondanza con ballet fitness

Ballet fitness


Nacida da mistura entre ballet, o aerobic e o entusiasmo que a nosa profe Marta lle pon a todo o que fai, esta actividade combina o exercicio físico de máis ou menos intensidade con traballo propio da técnica do ballet como os tendues e os pliés, garantindo un adestramento completo, divertido e adaptado a cada corpo ao son dos temazos do momento.



clasesde flexibilidad en sondanza. Gana flexibilidad. mejora tu flexibilidad

Flexibilidade


Para quen prefira outro tipo de exercicios e seguir mantendo o corpo en boas condicións, as clases de flexibilidade son a mellor opción. Tendo en conta como a mobilidade dos nosos corpos se vai perdendo coa idade, as clases de flexibilidade son ideais para manter o fondo físico e as condicións necesarias para moverse evitando futuras lesións e limitacións.



clases de pilates en santiago de compostela

Pilates


En Pilates combinamos exercicios de respiración, estiramento, mobilidade e circuito, no que cada mes adestramos forza e resistencia con diferentes exercicios. É por tanto unha actividade moi completa, e ideal para manterse en activo. As nosas clases de Pilates permiten ademais socializar e facer grupo, o que suma ao resto de beneficios que acompañan esta actividade.





Vén probar as nosas clases sen compromiso; tes máis información na nosa web e cada día nas nosas redes.

22 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page