top of page
Writer's pictureSondanza

Beneficios do ballet para o noso corpo

Así mellorará o corpo dos peques grazas ao ballet


O ballet é unha disciplina de danza máis que famosa, pero as clases "chapadas á antiga" déronlle unha fama non tan positiva. En Sondanza utilizamos un método de traballo respetuoso co corpo, saudable e que saca de nós todo o potencial. Estes son os beneficios que o ballet nos aporta.



  • Hixiene corporal: O ballet ensínanos a escoitar o noso corpo e colocalo de forma axeitada para o exercicio. Se ben é certo que no ballet se traballan posicións no que as pernas están rotadas e as curvas da espalda "correxidas", tamén aprendemos a ser conscientes da nosa posición corporal permitíndonos correxila ao longo do día e non só durante a nosa práctica.

  • Elasticidade: Non é necesario ser extraordinariamente flexible para bailar ballet. A elasticidade gáñase cos anos grazas a todos os exercicios e posicións que adoitamos durante as clases.

  • Forza: A pesar do que poida parecer, a forza é o máis importante para unha persoa que baila ballet. Ter unhas pernas fortes permítenos facer saltos, grandes aperturas de pernas e todas esas posicións imposibles que vemos sobre os escenarios. Igual que a flexibilidade, a forza vai chegando co tempo e a práctica, especialmente nas pernas, pero tamén no chamado "centro da danza", é dicir, o abdome e a espalda, ou mellor chamada, a cintura pélvica.

  • Equilibrio: Este é un punto clave. A boa colocación do corpo máis a forza no chan pélvico, permítenos aguantar durante moito tempo en posicións de relevé (de puntillas) ou equilibrios a unha perna.

  • Coordinación: Practicando ballet aprendemos a coordinar brazos e pernas especialmente, pero tamén a disociar partes do corpo. Desta forma as bailarinas e bailaríns poden mover as pernas sen que se mova a cadera ou os brazos sen deixar de ter a espalda ben estirada.

  • Concentración: O ballet esixe que adoitemos unha serie de posicións relaxando unhas partes do corpo e activando outras, polo que precisamos dun alto nivel de concentración. O traballo lento, da flexibilidade e da forza mantido no tempo axúdanos a que esta capacidade mellore aplicándose tamén a outras áreas das nosas vidas.


Se che gusta todo esto, queres saber máis do ballet, ou queres que os teus peques obteñan todos estos beneficios, reserva xa unha plaza para o noso grupo de ballet infantil todos o venres de 18:00h a 19:00h.


 




23 views0 comments

Comments


bottom of page