top of page

Danzas urbanas e comunidade: o queer despois de xuño

Este ano imos falar do Orgullo botando a vista atrás. Non só porque o Día da súa celebración foi en xuño, senón porque as súas orixes están intimamente ligadas ao nacemento e desenvolvemento dalgúns estilos de danzas urbanas, especialmente das primeiras etapas, que se deron en chamar “old school” (vella escola).


As revoltas de persoas racializadas, moitas delas trans, contra as redadas da policía no club Stonewall, Nova Iorque, o 28 de xuño de 1969 deron orixe á reivindicación do orgullo LGTBIQ+ que hoxe coñecemos. O que non é tan coñecido é que foi nesa mesma comunidade de persoas negras queer na que se xestou, nun contexto de marxinalidade, pobreza e exclusión social, unha cultura baseada na comunidade e nas aspiracións a unha vida mellor: a cultura ballroom.





Na cultura ballroom dábanse xuntanzas nocturnas de persoas negras queer en clubs, nos que facían concursos que avaliaban, dentro dun marco de respecto e empoderamento, distintas expresións artísticas por categorías, entroncando non só o baile senón tamén a moda e outras formas de expresión. Deste mundo beben, por exemplo, moitos compoñentes da cultura drag occidental de hoxe en día.


Entre as formas de expresar a súa liberdade interior e a súa maneira de ser estaba, como non, a danza. Máis concretamente, dos movementos moi enérxicos dos brazos, con grande intensidade e moita conexión coas emocións, nace o que se coñece como waacking, que é un estilo que traballa as liñas de xeito moi fluído. Tamén se desenvolve neste contexto, nun momento lixeramente posterior, o voguing, que se alimenta tamén do mundo da moda e das poses dos modelos da prestixiosa revista que reforzan a performance desa opulencia da que tan afastades estaban.


Por isto, é fundamental lembrar, especialmente con respecto do Orgullo, e que a música, a danza e a loita por un mundo máis xusto para todes van sempre da man. Bailar, moitas veces, é revolucionario.



Se ti tamén queres iniciar a túa revolución, podes anotarte ás nosas clases e sumarte a grupos tan inclusivos como a clase de heels ou urbano.







Recent Posts

See All
bottom of page