top of page
Writer's pictureSondanza

HIGH HEELS


O estilo High Heels xurde en Nueva York, combina pasos de jazzfunk, stripdance e go-go. Por isto é unha danza tan sensual e está acadando tanta popularidade. É un estilo que non entende de idade ou sexo: o único indispensable son os tacóns. Os movementos de pé son moi dinámicos e se basean en distintos estilos de baile, ademais de ter múltiples beneficios.

As clases poden ser colectivas, pero normalmente se baila en solitario xa que a práctica individual é primordial (a excepción de certas coreografías influenciadas por videoclips típicos e xéneros coma Pop ou Hip-Hop).


Sempre se recomenda moito practicar a camiñar cos zapatos de tacón antes de poñernos a bailar con eles para coller algo de soltura.

Primeiro se interiorizan os pasos básicos e, en función da axilidade e fluidez que se adquire con estes pasos se incorporan outros mais complicados. Son movementos fluidos que combinan toda unha serie de coreografías moi sensuais, sendo os tacóns un elemento importante que cautiva e encandila ao espectador con estas coreografías.

Faise exercicio, tonifícanse os músculos, fortalécese a espalda e mellora a nosa resistencia. Está adicado a aquelas persoas que queren pasalo ben, sentirse sensuais e chamar a atención do público. Precísase moita enerxía, sensualidade e estilo.


Ademais de todo esto é tamén un baile reivindicativo, xa que unha das súas finalidades é derribar prexuizos ao ser practicado igualmente por homes e mulleres que poden ser elxs mesmxs. Axuda a deixar atrás a timidez e sentir unha subida de autoestima ao realizar pasos tan sensuais e conectar tanto co noso corpo.




29 views0 comments

Comments


bottom of page