top of page

O MERENGUE

Orixinado na República Dominicana, o merengue consiste no maior tesouro do país sendo un dos bailes mais famosos do mundo. Os esclavos africanos mesturaron os seus bailes con características dos bailes que naquela época bailaba a alta sociedade.

O ritmo interprétase cunha güira, un tambor e un acordeón. Pese a que a música poda resultar frenética, a parte superior do corpo mantense maxestuosa e con xiros lentos.


É unha danza divertida e fácil de aprender, o que a fai tan popular. A parella mantense xunta en posición pechada. O líder sostén a cintura do seguidor coa man dereita, sosténdolle a man coa esquerda. As cadeiras de ambos se moven na mesma dirección durante o baile, caminando aos lados ou en círculos, en pequenos pasos.

É un baile sensual, o movemento de cadeira é indispensable, e móvese de xeito natural cando doblamos as rodillas.


Fusiónase o americano e o Europeo e, segundo algúns historiadores, non se bailaba en parella senón nunha roda. O home e a muller bailaban un frente ao outro sosténdose as mans ao nivel dos brazos.

Nos seus comezos, o merengue non era aceptado na sociedade como baile respetable. Incluso tivo épocas nas que estivo prohibido nos grandes salóns de baile. Nestes tempos se mantivo vivo únicamente en zonas rurais.



Na actividade de bailes latinos de Sondanza impartimos clases de salsa, bachata e merengue... ademais dividimos as clases segundo o teu nivel para adaptarnos ao teu ritmo de aprendizaxe!

Contacta con nós para mais información!


722 806 494


@sondanza



Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela

29 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page