top of page

Os 10 mandamentos do bo alumnado




1. Chega puntual á túa clase. Esto quere dicir que se tes que empezar ás 20h, debes chegar 15 minutos antes para cambiarte de roupa, deixar as túas cousas no vestiario e prepararte para entrar na clase. Recorda que ás 20:00h todas as persoas debedes estar bailando.


2. Comunícate co profesor/a. Se tes molestias no corpo, non durmiches ben ou te atopas mal, debes decirllo á persoa ao cargo da clase. Algún dos exercicios da clase poden ser perxudiciais para ti e incluso pode ser que o profesor/a adapte un pouco a clase para facer cousas distintas que favorezan a mellorar o teu estado. Recorda, o teu corpo é un templo e debes coidalo!


3. Non faltes á clase. Tanto se un día non te atopas de todo ben como se sofres unha lesión, fai o posible por asistir á clase. Pode soar contraditorio, pero podes aproveitar ese ratiño para ir de oínte á clase, non perder información e estirar o teu corpo e mimalo un pouco. Deste modo favorecerás á recuperación do teu corpo e non estarás perdido/a na seguinte clase.


4. Non masques chicle. Ésta é unha cuestión que se debate cada ano nos centros de danza. Por unha parte, mascar chicle durante unha lección é irrespetuoso co profesorado e, por outra, podes ter un accidente se por casualidade o aspiras. Nós preferimos deixarlle o do boca a boca a Mitch Buchannon (si, o de Baywatch).


5. Camiña por detrás. Sempre que teñas que facer cambios de ubicación na clase ou diagonais volta sempre pola parte traseira da aula e o máis preto posible das paredes. Se pasas polo espello entorpecerás aos teus compañeiros/as.


6. Baila. Si, esto parece moi obvio, pero topamos moitas veces con alumnado que prefire marcar os pasos e non facelos. Se o que queres é mellorar e aprender, non che queda outra que dalo todo no estudio e suar a camiseta. Baila, víveo e vente arriba. Así é como medramos na danza.


7. Respeta o código de vestimenta. Tanto se no teu estudio hai uniforme coma se non, sempre hai uns mínimos a respetar. Leva roupa deportiva que che permita moverte e recorda levar diferentes capas que poidas quitarte a medida que o corpo vai quencendo (non, os vaqueros elásticos non son roupa deportiva por moi elásticos que sexan). Presta atención tamén ao teu calzado. Se non tes nada específico para danza, usa unhas zapatillas deportivas que non uses na rúa. A ninguén lle gusta tirarse ao chan a estirar ou bailar e rebozarse no lixo da rúa.


8. Silencio. Non é que esté prohibido falar na clase, esto non é o cole, pero fala só nos momentos que sexa necesario e nunca cando o profesor/a esté a falar.


9. Orde. Axuda a manter a orde na sala. Deixa todo o que non vaias usar no vestiario e non cisques a roupa que te quites na clase por todas partes. Procura deixala nunha esquiniña onde ninguén a vaia pisar se non hai un sitio específico para isto.


10. Os profes son amigos, non comida. (se non viches Buscando a Nemo, xa vai sendo hora de que o fagas). Pode que ás veces ao profe se lle ocurra algún exercicio que parece absurdo ou che pida algo que pensas imposible, pero... Recorda! O profesorado traballa duro para sacar o mellor de ti. Non o cuestiones, nin protestes, nin vaguees, nin lle faltes ao respeto. O único que lle importa dentro da sala é que ti crezas. Confía nos profesionais cos ollos pechados.



11. DISFRUTA!!!!!! Este é un mandamento extra, pero é o máis importante de todos.

14 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page