top of page
Writer's pictureSondanza

REGGAETON VS TWERK

O reggaeton é unha variante do reggae e o rap castelán con base de dembow, un ritmo de orixe xamaicana. Trátase dun dos estilos de baile que causa máis polémica hoxe en día.


Debemos saber que naceu entre xente moi pobre en barrios baixos de Porto Rico e Panamá como actividade para pasar o tempo e disfrutar utilizando o seu corpo, posto que non tiñan moitas opcións ao seu alcance. É por isto que invertían moito tempo na danza e a súa creatividade disparábase.


Actualmente consideráse un xénero musical machista, pero non é así. De feito era un dos escasos modos que atopaba a xente para levar a cabo protestas sociais polas inxustizas racistas, clasistas e de violencia de xénero que tiñan lugar nesta época. Era un xénero con moita forza e valor que manifestaba o alzamento dos mais oprimidos.

O reggaetón cambiou moito ao longo dos anos, mais hoxe en día non se pode dicir que sexa un xénero musical machista; é a cultura e consumista na que vivimos a que ten influencia en todos os ámbitos do noso entorno.


En canto aos coñecidos perreo e "twerk", que tan estrictamente ligados están a este xénero, tamén adoitan estar lonxe de agradar a moita xente.

Este tipo de baile ten unha influencia africana, na que o movemento de cadeira e a sexualidade están máis que normalizadas, así como o empodermento da muller sobre o seu corpo. O que ocorre é que no noso entorno, a liberdade da muller sobre o seu físico está moi oprimida e este tipo de danza na que elas se moven libremente ten unha connotación negativa.


Ademais, o twerk tamén é un movemento cunha historia de protesta detrás: nace en Nueva Orleáns na cultura bounce, coa que se identificou o colectivo LGTBI, utilizándoo como movemento reivindicativo. Os homes facían festas e bailaban como querían... sempre que non pertencesen á comunidade LGTBI, cuxas festas eran rápidamente disoltas pola policía.

Cando esto sucedía, a xente pobre, negra, gay e trans subía aos coches de policía a bailar twerk a modo de protesta polos seus dereitos.


Agora que coñeces a súa historia, anímaste a probar o ritmo reggaetón?

Aquí vos deixamos un ensaio dunha das nosas clases de reggaeton, coa nosa coreógrafa Agarimo.


85 views0 comments

コメント


bottom of page