O inicio deste movemento deuse entre os anos 60 e os 80 con concursos que imitaban certames de beleza da televisión. Os seus concursantes posaban imitando e parodiando ás
élites brancas con rasgos esaxerados e rematou convertíndose nun baile acollido polas comunidades queer e latinas.
A cultura foi creada para unha comunidade que, lonxe de estar ben vista, non era ben acollida na sociedade branca. A revista Vogue era por aquel entón a representación de todo aquelo ao que esta comunidade non podía acceder.
O vogue pasou a ter "casas" porque a homofobia era tan grande que os pais botaban dos seus fogares aos fillos ao saber que eran gais.
O vogue, á súa vez, ten distintos xéneros e categorías: old way (poses de sempre), new way (mais enfocado na flexibilidade), femme (exageración das características femininas).
O voguing é unha forma liberadora de autoexpresión e identidade para a comunidade gay.
É un estilo tan incluínte que todos dan o mellor de sí e dan o mellor de sí con todas as diferencias que teñen entre elxs.
Aquí vos deixamos un clip musical con escenas de "Pose", unha serie estadounidense creada por Ryan Murphy, Brad Falchuk e Steve Canals que representa a cultura afroamericana e latina LGBTQ+ de Nueva York na década dos 80 e 90.
Os personaxes principais son bailaríns e modelos que compiten entre "casas" por recoñecemento nesa cultura underground e esa comunidade que elxs crearon, unha forma de comundidade e familia non entorno de hostilidade, homofobia e xenofobia no que se vían obrigados a malvivir.
Reflicte moi ben a situación dramática da sociedade naqueles tempos e o duro que era vivir na pel destas persoas (sufrindo, ademais de marxinación social, acoso, abusos e todo tipo de inxistuzas; enfermidades coma o VIH moi común naquela época e con apenas recursos para saír da situación).
O vogue foi dende o seus comezos un baile reivindicativo e de protesta, e un factor que uniu a todas aquelas persoas que se atopaban soas e condeadas a sufrir barbaridades por parte da sociedade. Moitxs artistas famosxs sentíronse inspirados por este movemento, como Madonna coa súa canción Vogue, o que fixo que esta comunidade acadara moito mais recoñecemento e se sentise moito mais respetada.
Se queres coñecer (ou practicar) outros tipos de baile, bota un ollo ao noso Blog, Instagram ou contacta con nós directamente!
722 806 494
@sondanza
Avda. Ferrol 25, Santiago de Compostela
Comments